VIALIA

Wöyza

03xul13:00WöyzaCONCERTOS | 14,00€O concerto aprázase ao sábado 17 de xullo por mor da chuvia.13:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Wöyza estrea o primeiro single do seu próximo álbum. Xa non estás é unha canción emotiva e profunda sobre a perda dos nosos seres queridos e o seu recordo indeleble, na que Wöyza mostra o seu lado máis sutil e intimista, emocionándonos coa súa voz. A voz da artista galega envólvenos nun beat suave pero firme, coros gospel e unha melodía edificante, nesta homenaxe ás persoas que se foron pero permanecen na nosa memoria e impregnadas na nosa personalidade.

Nos próximos meses poderemos escoitar máis cancións do novo álbum de Wöyza, un traballo que celebra os valores fundamentais da vida a través das mensaxes das súas cancións. Afrobeat, rap, soul e gospel definen os xéneros musicais deste novo disco, con composicións en castelán e portugués, e que nos mostran o traballo máis maduro e elaborado de Wöyza.

Máis

Hora

(Sábado) 13:00(GMT+02:00)