BannerEntroido
BannerArribada

decembro, 2019

27dec21:00WöyzaCONCERTOS | Desde 10,00€21:00 Radar Estudios

Máis

Detalles do evento

Tras a publicación do seu álbum “Pelea”, a configuración feminina da súa banda en directo, a súa participación en festivais e eventos especiais en España, México, Alemaña e Nova York, Wöyza volve pisando forte co EP “Tábula rasa”, xusto despois da publicación do primeiro videoclip “Nunca es demasiado tarde”.

“Sesgando un corte limpio y Tábula rasa”. Así se expresa a cantante e compositora Wöyza no seu último traballo, un EP que consta de tres cancións onde o seu estilo persoal e a súa voz única e desgarradora dan poder a cada palabra e cada melodía.

É habitual en Wöyza construír letras que sobordan significado, o balance perfecto entre a orde e o caos, a súa alma é transparente e o público conecta enseguida, por unha banda as carga de profundidade e por outro do cotián e terreal, trazos que a cantante e produtora puíu no seu anterior traballo “Pelea”.

A súa música, máis aló das etiquetas hip hop, soul, R&B, é inevitable asociala co movemento no que se consolidou como referente e do que foi pioneira en español e en galego. Tras máis dunha década madurou cara a un estilo absolutamente contemporáneo, unha fusión na que encaixan os ritmos rotos, melodías, xiros, runs vindos do gospel, bases de club e un traballo coral moi persoal.

Novamente derruba barreiras preexistentes para desenvolver unha paisaxe nova, escribir un punto e aparte, restablecer, poñer o cronómetro a cero e escribe desde novas experiencias, desde as que canta con franqueza e perfilando un territorio propio a través da música.

Hora

(Venres) 21:00

Lugar

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

X