CAMELIAS NADAL

19dec21:30WONDERCHRISTMAS 2025 CONCERTOS | Desde 16,00 €21:30(GMT+01:00) Sala Supersonic

Detalles do eventos

WONDERCOVERS PRESENTA “WONDERCHRISTMAS 2025”
A GRAN FESTA DO ROCK EN VIGO!
Venres 19 de decembro – 21.30 h – Sala Supersonic
Anticipadas: 15 euros en entradium.com

Por cuarto ano consecutivo, o power trío de versións de rock da cidade, Wondercovers, organiza a gran festa de Nadal na que reúne a recoñecidos artistas vigueses para homenaxear os grandes clásicos do rock and roll nacional e internacional.

Este ano contarán coa presenza estelar de artistas como Abraham Boba, tras o seu gran ano xunto a León Benavente, Amaro Ferreiro, Woyza, Tonhito de Poi, Marta Vidal, Abel Trigó, Gael Inerttes, Romy Flamingo e Pepe Solla.

Un cartel de luxo que abre o abano sonoro para poñer ao público a bailar, quen ano tras ano esgota as entradas colgando o cartel de sold out, algo ao que o grupo aspira tamén este ano.

Hora

19 decembro, 2025 21:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Supersonic

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events