xuño, 2019

17xuñ20:30Cineclube Lumière: 'WINTER FLIES' DE OLMO OMERZUPROXECCIÓN | 4,00€20:30 Auditorio Municipal do Concello

Máis

Detalles do evento

SINOPSE

Un adolescente fabulador de gamberrismo rebelde e de fazañas sexuais, e outro, con calvario de mozo gordo que soña  con pertencer á Lexión Estranxeira. Xuntos para sempre na amizade, rouban un Audi cochambroso para marchar a correr mundo, pero recollen a unha moza autoestopista; agora  son tres, que é impar pero divide. Sabes esas moscas equivocadas de estación porque é inverno, e zumbando tozudas pousan onde non deben?

OLMO OMERZU

Director, actor, guionista e fotógrafo nado en  1984 in Ljubljana, na antiga Iugoeslavia.

Iníciase na dirección coas curtametraxes Masky (2005), Láska  (2006), Druhé dejství (2008). Debuta na longametraxe co filme Prílis mladá noc (2012), pero é co seguínte,  Rodinny film (2015), co que se da a coñecer internacionalmente. 
Este é o seu último traballo como director.

Hora

(Luns) 20:30

Lugar

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X