Will Samsom – A Movida

novembro, 2018

14nov16:30Will SamsomSINSAL OUTONO 16 | De balde16:30 Escola de  Telecomunicacións

Máis

Detalles do evento

O mércores 14 de novembro o británico Will Samsom entra na cámara semianecoica de Telecomunicacións en dúas
sesións, 15:30 e 16:30. A cámara semianecoica é un espazo deseñado e recuberto para absorber as ondas sonoras e electromagnéticas. Unha sala, na Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na que practicamente non hai
eco nin reverberacións. Os músicos que até agora participaron nesta experiencia destacan o silencio, a percepción multiplicada e, polo tanto, o coidado e a adaptación que requeriu a actuación en directo.

Para poder participar como público na cámara semianecoica, hai que inscribirse en info@sinsalaudio.org poñendo no asunto o nome do artista. É de balde pero con capacidade moi limitada.

Will Samsom camiña entre a electrónica, experimental e o acústico, facendo uso tamén de vellas gravadoras e dispostivos analóxicos. Cun avó nacido en Bengala Occidental (India) e unha unha avoa natural da Patagonia arxentina, era inevitable que Will Samson desenvolvera un incontrolable desexo de viaxar. Nacido en 1988, pasou os primeiros anos da súa vida na costa oeste australiana, para regresar á súa Inglaterra natal aos 10 anos, e embarcarse aos 19 nunha viaxe de catro meses por distintas partes de Asia e a cordilleira do Himalaya.

Tras o seu paso pola cámara semianecoica, o xoves 15 de novembro dará un concerto na marabillosa biblioteca da EMAO, con aforo reducido, ás 20:15 cunha entrada de 5 euros.

Hora

(Mércores) 16:30

Lugar

Escola de  Telecomunicacións

Campus Lagoas-Marcosende, Rúa Maxwell, s/n, 36310 Vigo, Pontevedra

X