WEST SIDE STORY: HOMENAXE A BERNSTEIN – A Movida

maio, 2018

11mai20:30WEST SIDE STORY: HOMENAXE A BERNSTEINCONCERTO | De balde20:30 Conservatorio Superior (O Castro)

Máis

Detalles do evento

Arabel Moráguez (Piano)
Rasa Bibeiniene (Piano)
Carlos Castro (Percusión)
Joaquín Sanchís (Percusión)
Pilar Moráguez (Soprano)
Alberto García (Tenor)
Pablo Beltrán (Arreglista e compositor)
Coro do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Toni Cantal (Director de coro)

Anos 50. Nova Iorque, a cidade das cidades, convértese no escenario da posta ao día en forma de musical contemporáneo da gran historia de amor de todos os tempos, Romeo e Julieta. A inmortal parella de amantes cambia
Verona polos suburbios neoiorquinos e Capuletos e Montescos adáptanse aos tempos modernos trocándose en
dúas bandas xuvenís rivais. A súa rivalidade é absoluta. A súa reconciliación, imposible. Unha posta en escea
única, co impactante son de dous pianos acompañados por unha máxica percusión e encarnando aos personaxes
de Tony e María, dúas voces sorprendentes de tenor e soprano. A suma de todo crea un ambiente excepcional
para gozar dun dos máis espectaculares musicais de Hollywood: West Side Story.

Programa:
L. Bernstein (1918-1990)
Suite sinfónica de “West Side Story” para dous pianos, dous percusionistas e voces.
Arranxos de John Musto e Pablo Beltrán.

Hora

(Venres) 20:30

Lugar

Conservatorio Superior (O Castro)

Calle de Manuel Olivie, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

X