ORQUESTRA CLÁSICA

23mai18:00WAACKING CON ELVIRA GAGOESPECTÁCULOS | Desde 25,00 €18:00(GMT+02:00) Caixa de Ritmos

Detalles do eventos

O Waacking é unha danza social orxinada nos anos 70, co auxe da música Disco, dentro dos clubes underground das comunidades LGBTQ + negras e latinas. Inspirada pola música, divas, actrices e cantantes, usada como forma de expresión ante a opresión e espazo seguro para as comunidades perseguidas e estigmatizadas no momento. Aínda que estivo a piques de desaparecer nos anos 80, a principios dos 2000 resurxe e hoxe en día é coñecido en todo o mundo

Descubre o Waaking da man de Elvia, que impartirá un obradoiro e unha pequena charla na que nos falará sobre a hisotria e contexto cultural deste baile.

ELVIA GAGO

Bailarina e profesora de Danzas Urbanas e de Clube desde hai 15 anos, formada arredor do mundo, como Nova York, París, Londes ou Barcelona, especializada no Waacking grazas a grandes rederentes do estilo como Princess Lockeroo, entre moitos máis, sempre disposta a seguir aprendendo e compartindo para manter vivo, xunto con outres, o legado deste estilo.

HORARIOS

  • De 18.00 h a 19.30 h: obradoiro de Waacking
  • De 19.30 h a 20.30 h: charla cultural sobre este estilo de baile e o seu contexto

PREZOS

  • Alumnado ou grupos de 5 ou máis persoas: 25€ (inclúe obradoiro + charla)
  • Resto de persoas: 30€ (inclúe obradoiro + charla)
  • Charla cultural (se queres vir só á charla): 5€

Incripción

Hora

23 maio, 2026 18:00(GMT+02:00)

Localización

Caixa de Ritmos

Canellón dos Canos 9

Other Events