marzo, 2019

18mar20:00Vox Stellae EnsembleCONCERTO | Desde 8,10€20:00 Teatro Afundación

Máis

Detalles do evento

Continúa a Temporada de Música Clásica de Afundación organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo, no Teatro Afundación. O seguinte concerto será o luns 18 de marzo ás 20.00 h, cun concerto a cargo de Vox Stellae Ensemble, baixo a batuta de Luis Martínez, no que se interpretarán diferentes composicións de raíz procedentes de distintos continentes.
As entradas están á venda na web Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non
adquirisen o abono para a tempada, que supón un aforro do 20 % con respecto aos billetes individuais. Ademais, Afundación conta cunha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que implica unha rebaixa adicional dun 10% no prezo das entradas.

VOX STELLAE ENSEMBLE
Vox Stellae nace en 2002 con motivo dun ciclo de conferencias sobre a música do
Arquivo da Catedral de Santiago a cargo do eminente musicólogo José López Calo. Ademais deste labor de difusión da música da basílica compostelá, aborda outros repertorios, do gregoriano ao barroco, fundamentalmente, sen descoidar a música do século XX e a creación musical en Galicia. Vox Stellae está integrada polos conxuntos Vox Organalis (grupo vocal masculino) e Vox Stellae Ensemble (conxunto vocal e instrumental).

Hora

(Luns) 20:00

Lugar

Teatro Afundación

Policarpo Sanz ,13 36202

X