Este é un evento repetitivo23 abril, 2026 19:3021 maio, 2026 19:30
07mai19:30Seráns no parque de CastrelosAS NOSAS FESTAS | De balde19:30(GMT+02:00) Parque Castrelos
Detalles do eventos
Volven os seráns ao parque de Castrelos. Trátase dunha iniciativa que organiza seráns autoxestionados no Parque de Castrelos que volve a porse en marcha tras o parón invernal. Con cerca de mil
Detalles do eventos
Volven os seráns ao parque de Castrelos. Trátase dunha iniciativa que organiza seráns autoxestionados no Parque de Castrelos que volve a porse en marcha tras o parón invernal. Con cerca de mil seguidores no seu perfil de Instagram, levan desde o 2022 organizando estas foliadas co obxectivo de gozar da música en comunidade e coñecer a xente que comparta a paixón pola música tradicional. Pandeiretas, gaitas, canto, e baile son algúns dos compoñentes destas xuntanzas. Os membros convidan aos vigueses a traer os seus instrumentos a estas xuntanzas no corazón da cidade olívica. O obxectivo é crear un espazo de diversión e aprendizaxe arredor da tradición e da cultura galega.
Seráns en Castrelos xorde dun grupo de amigos e coñecidos que, tras ver como noutras cidades a xente xuntábase de forma espontánea en parques para tocar música e bailar, decidiron crear algo similar en Vigo. O primeiro serán celebrado superou as expectativas dos que o organizaron, con moi boa acollida entre a xente de escolas e agrupacións, afeccionados e mesmo xente que pasaba por alí e uniuse. Posteriormente, de xeito orgánico, a iniciativa foi collendo forma ata converterse en rutina dos xoves (cada dúas semanas). Aínda que haxa un encargado de publicar os carteis e as convocatorias nas redes, os seráns son completamente autoxestionados polos propios participantes. Así, co paso dos anos foi gañando popularidade, sendo unha oportunidade excepcional para gozar da música tradicional na natureza, aprender a tocar un instrumento ou socializar.
Hora
7 maio, 2026 19:30(GMT+02:00)

