Volven as visitas guiadas polos pasadizos da fortaleza do Castro
Detalles do eventos
Despois dun pequeno parón polas festas de Nadal, volven as visitas guiadas gratuítas para coñecer as galerías da fortaleza do Castro. Logo das obras de recuperación e rehabilitación
Detalles do eventos
Despois dun pequeno parón polas festas de Nadal, volven as visitas guiadas gratuítas para coñecer as galerías da fortaleza do Castro. Logo das obras de recuperación e rehabilitación executadas durante meses, o pasado mes de maio abríronsense ao público con moi boa acollida; entre maio e decembro de 2023 recibiron cerca de 6.000 visitantes. Co fin de achegar este espazo á cidadanía viguesa, volven organízarse visitas guiadas a partir do próximo luns 22 de xaneiro. Realizaranse en grupos de 20 persoas cunha duración de entre 25 minutos. Para participar é necesario inscribirse no teléfono 010.
A apertura dos túneles forma parte dos traballos de rehabilitación da muralla da fortaleza do Castro, que nos últimos dous anos incluiron tamén limpeza dos muros, iluminación pola noite, construcción de novas gradas, bancos e escaleiras e eliminación dalgúns elementos como casetas ou postes de electricidade. Neste artigo de 2020 ensinamos todos estes cambios
Se queres saber por que hai túneles debaixo da fortaleza e onde teñen a súa saída, neste artigo sobre o Vigo subterráneo sacamos á luz esta e outras curiosidades sobre os pasadizos da cidade.
Horarios de visita:
– Luns e venres de 11:00 a 13:00 h.
-Martes, mércores e xoves: 17:00 a 19:00 h
-Sábados: 11:00 a 13:00 h e 17:00 a 19:00 h
-Domingos: 11:00 a 13:00 h
Máis
Hora
22 xaneiro, 2024 11:00 - 13:00(GMT+02:00)
Localización
Fortaleza O Castro
Paseo Rosalía de Castro, 5, 36203 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes