Volven as visitas guiadas á Vila romana de Toralla
Detalles do eventos
O Concello retoma este xoves 27 de xullo as recreacións históricas no xacemento arqueolóxico, que poderán realizarse nos meses de xullo e agosto e para as que non
Detalles do eventos
O Concello retoma este xoves 27 de xullo as recreacións históricas no xacemento arqueolóxico, que poderán realizarse nos meses de xullo e agosto e para as que non é necesaria a cita previa.
A vila romana de Toralla recibe esta semana as primeiras visitas guiadas desta temporada. As persoas interesadas en coñecer como se desenvolvía a vida das mulleres e homes da época romana na vila poderán asistir ao espectáculo no que os figurantes, ataviados con roupaxe da época, recrearán diferentes escenas cotiás como a presentación en sociedade dos recen nados, a venda de escravos ou a loita de gladiadores, entre outras.
Horarios:
As visitas serán os xoves 27 de xullo e os xoves 3, 10 e 24 de agosto. Haberá dous pases cada día: o primeiro ás 20 h e o segundo ás 21 h da noite.
Tamén haberá visitas o venres 18 de agosto coincidindo coa Noite Branca. Os pases terán lugar ás 20, 21, 00 e 1 da madrugada.
A entrada é libre ata completar aforo.
Máis
Hora
27 xullo, 2023 20:00 - 22:00(GMT+02:00)
Localización
Vila romana de Toralla
36390 36390, Rúa de Canido, 105, 36390 Oia, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualsetembro
Séguenos nas redes