XERAIS

19xuñ22:00Volve o cine ao aire libre aos xardíns do Pazo de CastrelosESPECTÁCULOS | De balde22:00(GMT+02:00) Museo Quiñones de León

Detalles do eventos

Se onte o Concello de Vigo confirmaba que volvían os concertos en sesión vermú aos xardíns do Quiñones de León os domingos de xullo, hoxe anunciou que tamén volve o cine ao aire libre que tan boa acollida tivo o pasado verán.

Entre finais de xuño e comezos de xullo, coincidindo sempre en venres ou sábado, proxectaranse seis filmes. Trátase de películas estreadas entre 2024 e 2025 e dixiridas principalmente ao público familiar. Nesta carteleira estival atopamos a taquilleira Rondallas, dirixida por Daniel Sánchez Arévalo e gravada en Vigo e área.

• Venres 19 de xuño: Buffalo Kids (2024). Película de animación para todos os públicos, especialmente recomendada para a infancia.

• Sábado 20 de xuño: Odio o verán (2024). Comedia española.

• Venres 26 de xuño: Pai non hai máis que 4: campás de voda (2024). Comedia para todos os públicos.

• Sábado 27 de xuño: Rondallas (2025). Produción ambientada na área de Vigo. Para todos os públicos.

• Venres 3 de xullo: Sonic 3 (2024). Animación para maiores de 7 anos.

• Sábado 4 de xullo: Amigos imaxinarios (2024). Fantasía e comedia recomendada para familias con nenos e nenas pequenos.

O acceso ás proxeccións é gratuíto ata completar o aforo dos xardíns.

Hora

19 xuño, 2026 22:00(GMT+02:00)

Localización

Museo Quiñones de León

Parque de Castrelos, Av Castrelos, s/n, 36213 Vigo, Pontevedra

Other Events