REVISTA NADAL

22dec19:00Volve o apalpador as rúas de VigoAS NOSAS FESTAS | De balde19:00(GMT+01:00) Asociación do Casco Vello

Detalles do eventos

O Apalpador, ‘Papá Noel galego’, é un personaxe de grande estatura, vestido cun casaco remendado, xeralmente representado fumando en pipa e usaba boina. Nalgúns lugares, dise que a súa profesión é a de carboeiro, polo que vive nos bosques dedicado a fabricar carbón e alimentándose de prantas silvestres e xabarís. Na noite do 24 ou 31 de decembro entraba nas casas, apalpando as barrigas dos nenos e nenas para comprobar que comeran ben, no caso de non encontralos ben alimentados, déixalles unha presada de castañas. Aínda que a personaxe forma parte da tradición precristiana dos Ancares e o Courel, existen iniciativas para recuperalo en toda Galicia.

Este luns 22 de decembro visitará o local da Asociación de Veciños do Casco Vello na praza dos ratos, no Berbés. Haberá música e moreas de castañas!

19:00 h – Pandereteiras Tarambainas
20:00 h – Trebón do Berbés e chegada do Apalpador
21:00 h – Foliada popular

Hora

22 decembro, 2025 19:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación do Casco Vello

Rúa Cánovas del Castillo, 2, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events