
Este é un evento repetitivo6 marzo, 2024 17:40
05mar17:40Semana do Cine XaponésESPECTÁCULOS | 5,00 €17:40(GMT+01:00) Multicines Norte
Detalles do eventos
Do martes 5 ao xoves 7 celébrase a VI Semana do Cine Xaponés que nace da colaboación da Escola Oficial de Idiomas de Vigo e
Detalles do eventos
Do martes 5 ao xoves 7 celébrase a VI Semana do Cine Xaponés que nace da colaboación da Escola Oficial de Idiomas de Vigo e os Multicines Norte. Cada día proxectaranse os mesmos tres filmes en Versión Orixinal con Subtítulos, en diferentes horarios: ‘El niño y la bestia’, ‘Shin Gozilla’ e ‘Shin Ultraman’.
Martes 5
17:40 h – ‘El niño y la bestia’
20:00 h – ‘Shin Godzilla’
22:00 h – ‘Shin Ultraman’
Mércores 6
17:40 h – ‘Shin Ultraman’
20:00 h – ‘El niño y la bestia’
22:00 h – ‘Shin Gozilla’
Xoves 7
17:40 h – ‘Shin Godzilla’
20:00 h – ‘Shin Ultraman’
22:00 h – ‘El niño y la bestia’
Sipnose dos filmes:
‘El niño y la bestia’ (2015): Kyuta é un neno solitario que vive en Tokio, e Kumatetsu é unha criatura sobrenatural illada nun mundo fantástico. Un día, o neno cruza a fronteira ao outro mundo e establece amizade con Kumatetsu, que se converte no seu amigo e guía espiritual. Este encontro levaralles a vivir multitude de aventuras.
‘Shin Godzilla’ (2016): Godzilla, forza destrutiva insondable para o home, resucita no Tokio de hoxe en día para acosar de novo á civilización. Apremado pola morte e a desesperación, Xapón deberá atopar o poder para superar este desafío. Primeira película de Godzilla realizada en Xapón desde “Godzilla: Final Wars” (2004) de Ryuhei Kitamura. Dirixida por Hideaki Anno (“Evangelion”) e Shinji Higuchi (“Attack on Titan”).
‘Shin Ultraman’ (2022): Un alieníxena que busca xustiza persegue a un criminal ata un planeta chamado Terra. Para expiar os seus pecados decide ceder o seu poder a un humano que se converte nun heroe chamado a protexer o seu mundo. Así é como nace “The Ultra Man”, unha reimaginación do famoso superheroe xaponés omnipresente na TV da década dos anos 60.
Prezo das entradas 5,00 €, alumnos da EOI 4,00 €.
Máis
Hora
5 marzo, 2024 17:40(GMT+01:00)
Localización
Multicines Norte
Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual