ORQUESTRA CLÁSICA

05xul12:30Volve a música en directo ao Pazo de CastrelosCONCERTOS | De balde12:30(GMT+02:00) Museo Quiñones de León

Detalles do eventos

Despois da boa acollida do ano pasado, o Concello volve programar concertos de artistas locais nos xardíns dianteiros do Pazo de Castrelos. O obxectivo deste programa é por en valor a música local e o propio pazo, un dos espazos naturais e culturais máis emblemáticos da cidade de Vigo.

Este ciclo está composto por catro concertos, que se celebrarán durante o mes de xullo e terán lugar todos os domingos (días 5, 12, 19 e 26) ás 12:30 da mañá nos xardíns do Pazo de Castrelos. Tras unha convocatoria á que se presentaron 67 propostas musicais, os técnicos municipais seleccionaron catro propostas que ofrecen un amplo abano de estilos musicais: o proxecto folk de Xosé Liz, IndalaMarta Vidal, que estará presentando o seu último traballo pop Augurio. A banda indie Maryland que regresa aos escenarios con Volver a nacer. E, por último, Cuerdas Atlánticas que ofrecerá un concerto de música clásica no que a través de instrumentos de corda interpretarán temas actuais.

Os concertos son todos de entrada gratuíta ata completar o aforo dos xardíns.

Hora

5 xullo, 2026 12:30(GMT+02:00)

Localización

Museo Quiñones de León

Parque de Castrelos, Av Castrelos, s/n, 36213 Vigo, Pontevedra

Other Events