A LAXE

04set(set 4)11:0007(set 7)22:00Festa do Marisco11:00 - 22:00 (7)(GMT+02:00) Porto do Berbés

Detalles do eventos

A histórica Festa do Marisco de Vigo regresa este 2025 tras seis anos de ausencia. A súa 18a edición celebrarase do 4 ao 7 de setembro no porto pesqueiro de O Berbés. A organización corre a cargo de ACOPEVI (Asociación de comercializadores de pescado e marisco de Vigo).

Logo da última edición celebrada no ano 2019, e tras un parón obrigado pola pandemia e outros factores, a Festa do Marisco recupera o seu espírito popular, mariñeiro e gastronómico. Durante catro días, o público poderá gozar de marisco, viños galegos, música en directo e actividades para todas as idades, nun ambiente acolledor e familiar que honra a alma mariñeira da cidade.

O evento contará cunha gran carpa gastronómica, onde se servirán pratos como zamburiñas, nécoras, bogavante, polbo á feira, empanadas ou viños con Denominación de Orixe. Todo a prezos populares e coa calidade que caracteriza ao produto galego. A programación completarase con concertos, grupos folclóricos, obradoiros, xogos populares, contacontos, showcookings e espectáculos itinerantes que encherán o porto de vida e música.

Xoves 4
20:00 h – Actuación do Grupo Folk Banda de Gaitas Atlántida de Matamá

Venres 5
13:00–16:00 h – Zona infantil Big Lab (obradoiros de chapas, maquillaxe, globoflexia, manualidades…)
21:00 h – Charanga A Cabeza Non Para
23:00 h – Concerto de Os Ciclóns

Sábado 6
13:00–16:00 h – Zona infantil Big Lab
12:30 h – Charanga Vai de Baile
20:30 h – Grupo Folk Algarabía
23:00 h – Actuación de Club Naval

Domingo 7
13:00–16:00 h – Zona infantil Big Lab
13:00 h – Concerto do Grupo Folk Andarela

Hora

4 setembro, 2025 11:00 - 7 setembro, 2025 22:00(GMT+02:00)

Localización

Porto do Berbés

Av. da Beiramar, 31, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events