Volve a Festa da Cultura á Alameda

02set(set 2)17:0003(set 3)23:30Volve a Festa da Cultura á AlamedaAS NOSAS FESTAS | De balde17:00 - 23:30 (3)(GMT+02:00) Praza Compostela

Detalles do eventos

Folclore, danza, concertos e teatro nun mesmo evento. 2 días de celebración que terán lugar a primeira fin de semana de setembro na Praza de Compostela. High Paw & Elephants Yard, The Turre’s Band e a Banda de Gaitas Charamuscas de Bembrive son os pratos fortes do evento.

Os próximos 2 e 3 de setembro celébrase, unha vez máis, a Festa da Cultura na Praza de Compostela. O evento, xa imprescindible na axenda do verán da cidade, constará de actuacións de grupos de baile e música tradicionais, concertos e teatro.

Na súa programación, deseñada para chegar a tódolos públicos, poderemos atopar ata 32 actuacións: 22 grupos folclóricos, 1 obra de teatro infantil e 3 concertos cunha ampla variedade de xéneros. O prato forte do venres é The Turre’s Band, mentres que o sábado poderase desfrutar da música de High Paw & Elephants Yard e a Banda de Gaitas de Bembrive. As crianzas tamén poderán desfrutar do evento o sábado pola tarde coa obra de teatro ‘Ciencia que alimenta’, da compañía Roto e Descosida, un xeito ameno de achegar aos máis cativos a inxeniosos experimentos científicos cheos de cores co que os pais tamén pasarán un bo rato. E, seguindo co teatro, a Festa tamén extenderase ao longo dos meses de setembro e outubro cun ciclo de obras que serán interpretadas en diferentes centros culturais da cidade.

Un ano máis, coa colaboración do Concello de Vigo e a Diputación de Pontevedra, organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, unha entidade sen ánimo de lucro que reúne a cultura das diferentes parroquias locais. Ademais, colaboran Gadis e Frutas Nieves e, por primeira vez, o evento inclúe na súa programación un concurso de grafitis, para o cal se contou coa colaboración de Pintunova e Meïtt.

A cita comezará o venres 2 coa seguinte programación:

17:00h – Grupo de Pandereteiras Chorouvia
17:25h – Tarambainas
17:50h – Rueiro
18:15h – Froles Novas
18:40h – Sárdoma
19:30h – Os gaiteiros de Pardavila
19:30h – Grupo de Gaitas Aturuxo coas Amieiras

19:55h – No Colo do Vento
20:20h – Semente da Arte Galega
20:55h – Os Ventos de Comesaña
21:20h – Alalá
21:45h – Lembranzas Galegas
Concerto:
22:30h – The Turre’s band

E continuará o sábado 3 de setembro pola mañá:

12:00h – Corisco
12:30h – Pandereteiras Atlántida de Matamá
13:00h – Monteira

17:00h – O Coto
17:25h – Queixumes
17:50h – Traspés
18:15h – Grupo de Gaitas Cotogrande
18:40h – Grupo de Gaitas Cans de Palleiro
19:05h – O Fiadeiro
19:40h – Grupo Etnográfico A Buxaina
20:40h – Teatro infantil “Ciencia que alimenta” de Roto e Descosida
Concertos:
21:30h – Banda de Gaitas Charamuscas da S.C.D.R. de Bembrive
23:00h – High Paw & Elephants Yard

Máis

Hora

2 (Venres) 17:00 - 3 (Sábado) 23:30(GMT+02:00)

Localización

Praza Compostela

Praza de Compostela 36201 Vigo Pontevedra

Other Events