Este é un evento repetitivo

'Volumen 2' de Sandra Gómez

27nov20:30'Volumen 2' de Sandra GómezESPECTÁCULOS | 10,00€20:30(GMT+01:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

Volumen 2 é unha proposta escénica que trata de explorar as posibilidades narrativas do son. A peza está composta por unha serie de exercicios autónomos e independentes entre si que poñen en xogo os conceptos de ritmo e silencio e coa idea de deriva como método de traballo. Cada exercicio constrúese desde unha linguaxe diferente, desta maneira, o movemento, o texto e a voz e a linguaxe musical e sonora sucédense nun percorrido que vai creando diferentes ambientes.

Forma parte do Festival Catropezas, festival de danza contemporánea tan orixinal como esperado polo público da sala. Xorde en 2006 como un desexo de aglomerar en catro fins de semana, algunhas das producións de danza (tanto nacionais como internacionais) máis destacadas do último curso, por iso é polo que as compañías que aparecen no historial do Catropezas acumulen tantos anos de experiencia.

Máis