
Este é un evento repetitivo4 xuño, 2021 20:006 xuño, 2021 20:00
05xuñ20:00'Vol. 1' de Nononon LabESPECTÁCULOS | 10,00€20:00 Teatro Ensalle
Detalles do eventos
Clásicas desfeitas é unha proposta que se desenvolve a través de tres personaxes pertencentes ao imaxinario colectivo e histórico, coa intención de configurar un retrato da humanidade moderna.
'Vol. 1' de Nononon Lab
Clásicas desfeitas é unha proposta que se desenvolve a través de tres personaxes pertencentes ao imaxinario colectivo e histórico, coa intención de configurar un retrato da humanidade moderna. A partir dos textos de Prometeo, Fausto e Frankenstein, conformamos un cadáver exquisito, multifacético e atemporal, que se move e nos guía arredor dun espazo común, permitíndonos desta maneira vernos reflictidas na súa totalidade. A premisa desta obra é a experimentación, polo que non se pretende acadar unha resposta sinxela sobre as nosas emocións ou o noso lugar no mundo, senón activar a busca dentro deste novo monstro dun lugar de reflexión e diálogo.
Ficha artística
Creación, investigación e produción: José Faro, Xacobo Castro, Laura Iturralde, Lucía Estévez, Montse Piñeiro, Ruben Abad, Macarena Montesinos e Helena Varela.
Foto: Montse Piñeiro
Máis

(Sábado) 20:00