09abr19:00Voces de liberdadeactividades para o coco | de balde19:00(GMT+02:00) Camões - Centro Cultural Portugués

Detalles do eventos

O Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo inaugura, o vindeiro día 9 de abril, ás 19:00 horas, a exposición Voces de liberdade, de Marea, nome artístico de Mireia Ramírez Magariños, no marco das celebracións dos 52 anos da Revolución do 25 de Abril. A mostra propón unha exploración visual da loita pola liberdade nos países de lingua portuguesa, a través de debuxos de trazo minimalista, inspirados na estética da banda deseñada, acompañados por citas das figuras retratadas. De Portugal ao Brasil, pasando por Angola e Timor-Leste, a artista retrata personalidades da lusofonía cuxas voces se ergueron contra a opresión e a favor da liberdade.

Hora

9 abril, 2026 19:00(GMT+02:00)

Localización

Camões - Centro Cultural Portugués

Casa Arines Praça Tenente, Praza de Almeida, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events