'Vivir sen permiso e outras historias de Oeste' de Manuel Rivas – A Movida

decembro, 2018

04dec20:00'Vivir sen permiso e outras historias de Oeste' de Manuel RivasPRESENTACIÓN LIBRO | De balde20:00 Librouro

Máis

Detalles do evento

O martes 4 de decembro de 2018 ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias, 12, Vigo, terá lugar a presentación do libro Vivir sen permiso e outras historias de Oeste de Manuel Rivas.

No acto participarán Manuel Rivas e Fran Alonso.

SOBRE O LIBRO:

Este novo libro de Manuel Rivas contén tres historias que, ao xeito da serie negracriminal, retratan un tempo histórico onde se acrecenta o poder das mafias, da cobiza, do diñeiro sucio e da corrupción. Mais tamén son historias que nos mostran a condición humana situada no límite, relatadas desde a maxia literaria dunha escrita impactante, poderosa e directa. En «O medo dos ourizos», dous mozos mariñeiros, que subsisten en precario, atopan no mar un tesouro, fardos procedentes do narcotráfico, que pode facelos ricos ou custarlles a vida. En «Vivir sen permiso», Nemo Bandeira, un poderoso magnate que levantou o seu imperio por medios ilícitos, consegue borrar as pegadas do seu pasado criminal, mais vaise atopar cun inimigo íntimo, inesperado e invencíbel. En «Sagrado mar», un mozo presidiario, apaixonado pola lectura, ten que enfrontarse non só co sistema carcerario, senón tamén co dilema da obediencia ou desobediencia ante o dominio que exerce un capo no interior da cadea. «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste» é un libro fascinante, de literatura na beira, na marxe do risco, que o autor define como literatura vagabunda ou estremeira. Alí onde a cuestión final non é tanto ter ou non ter poder senón ter ou non ter liberdade.

Hora

(Martes) 20:00

Lugar

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

X