14ago22:00Viva Suecia, primeira confirmación para os concertos de CastrelosCONCERTOS | -22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

Xa coñecemos a primeira confirmación para os concertos de verán no auditorio de Castrelos. A banda murciana Viva Suecia actuará no auditorio vigués o 14 de agosto.

Viva Suecia é cabeza de cartel nos principais festivais do país e conta cunha lexión de fans que non só levaron o seu cuarto álbum El amor de la clase que sea a acadar o número 1 en vendas e o Disco de Platino en España, senón que tamén esgotan as entradas para velos na súa xira meses antes de que comece.

E é que é no directo onde as cancións de Viva Suecia alcanzan a súa máxima expresión: contundencia melódica, arranxos maxestosos e épica guitarrera para acompañar a impresionante voz de Rafa Val, máis protagonista ca nunca nos novos temas do grupo. Os seus concertos convértense así nun desbordante exercicio de amor pola música e polo rock dunha banda en absoluto estado de graza.

PROGRAMACIÓN CASTRELOS

  • 2 de xullo – Deep Purple
  • 24 de xullo – A Ópera Carmen
  • 30 de xullo – Chayanne.
  • 11 de agosto – The Corrs.
  • 14 de agosto – Viva Suecia.
  • 15 de agosto – Iván Ferreiro.

Hora

14 agosto, 2026 22:00(GMT+02:00)