>

14ago22:00Viva SueciaCONCERTOS | 15,00 €22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

O martes 4 de agosto saen á venda as entradas para o concerto de Viva Suecia en Castrelos, que terá lugar o venres 14 de agosto. O sistema será o mesmo que nos anteriores concertos: habilitaranse dúas quendas, unha de mañá (9:00 – 14:00 h) e outra de tarde (16:00 – 21:00 h), onde se poderán mercar tanto de xeito presencial no despacho de billetes de Castrelos ou online na web municipal vigo.org. En cada quenda poñeranse á venda 2.000 entradas presenciais e 500 en liña. Cada persoa pode adquirir ata catro entradas, que son nominativas, polo que é obrigatorio levar o DNI das persoas que van acudir á actuación. Desde o Concello de Vigo inciden en que a revenda de entradas é unha estafa e advirten de que van solicitar o DNI na entrada ao auditorio de maneira aleatoria polo que aconsellan mercar as entradas seguindo o procedemento de venda oficial.

A primeira confirmación para os concertos de verán no auditorio de Castrelos foi a da banda murciana Viva Suecia que actuará no auditorio vigués o 14 de agosto.

Viva Suecia é cabeza de cartel nos principais festivais do país e conta cunha lexión de fans que non só levaron o seu cuarto álbum El amor de la clase que sea a acadar o número 1 en vendas e o Disco de Platino en España, senón que tamén esgotan as entradas para velos na súa xira meses antes de que comece.

E é que é no directo onde as cancións de Viva Suecia alcanzan a súa máxima expresión: contundencia melódica, arranxos maxestosos e épica guitarrera para acompañar a impresionante voz de Rafa Val, máis protagonista ca nunca nos novos temas do grupo. Os seus concertos convértense así nun desbordante exercicio de amor pola música e polo rock dunha banda en absoluto estado de graza.

PROGRAMA

  • 2 de xullo – Deep Purple
  • 16 de xullo – Molotov
  • 18 de xullo – Coral Casablanca
  • 24 de xullo – Ópera Carmen
  • 30 de xullo – Chayanne
  • 1 de agosto – Noite de zarzuela
  • 7 de agosto – Abraham Mateo
  • 9 de agosto – Ópera Nabucco
  • 11 de agosto – The Corrs
  • 14 de agosto – Viva Suecia
  • 15 de agosto – Iván Ferreiro
  • 16 de agosto – Fillas de Cassandra, The Rapants e Eladio y los Seres Queridos

Hora

14 agosto, 2026 22:00(GMT+02:00)