Este é un evento repetitivo

Visitas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró

27out18:3019:30Visitas teatralizadas ao cemiterio de PereiróACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:30 - 19:30(GMT+02:00) Cemiterio de Pereiró

Detalles do eventos

Como cada ano por estas datas volven as visitas guiadas e teatralizadas ao ceminterio de Pereiró. Personaxes ilustres enterrados aquí, como Concepción Arenal, Irene de Ceballos (muller de Policarpo Sanz), Bernardo González del Valle (Cachamuíña) e María de los Milagros Elduayen (Marquesa de Valladares), exercen de guías.

O Concello programa visitas gratuítas ao ceminterio desde o 12 ao 27 de outubro e do 3 ao 9 de novemebro. Habilitaranse tres quendas diferentes (18.30, 19.00 e 19.30 horas) durante 20 días. Cada quenda terá unha cota de 25 persoas, que percorrerán o lugar durante unha hora e media acompañadas dun personaxe histórico da cidade. Os días nos que haberá visita son os seguintes: 12, 13, 14, 15, 16, 19, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27 de outubro e 3, 4, 5, 6, 7, 8 y 9 de novembro.

Os interesados en anotarse deberán facelo a través da páxina web do Concello de Vigo ou presencialmente na oficina municipal de turismo. As inscricións ábrense semanalmente: a primeira semana a partir do próximo luns día 10 e as seguintes semanas cada luns, sempre a partir das 9 da mañá.

Punto e hora de encontro: porta principal do Cemiterio de Pereiró, 10 minutos antes da hora de inicio da visita.

Se queres afondar máis na historia do camposanto vigués, podes ler esta reportaxe que publicamos na revista A Movida de novembro de 2021.

Máis

Hora

(Xoves) 18:30 - 19:30(GMT+02:00)

Localización

Cemiterio de Pereiró

Av. de Castrelos, 213, 36213 Vigo, PO

Other Events