REVISTA ABRIL

Este é un evento repetitivo

Visitas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró

24nov18:30Visitas teatralizadas ao cemiterio de PereiróACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:30(GMT+01:00) Cemiterio de Pereiró

Detalles do eventos

Como cada ano por estas datas volven as visitas guiadas e teatralizadas ao ceminterio de Pereiró. Personaxes ilustres enterrados aquí, como Concepción Arenal, Irene de Ceballos (muller de Policarpo Sanz), Bernardo González del Valle (Cachamuíña) e María de los Milagros Elduayen (Marquesa de Valladares), exercen de guías.

O Concello programa visitas gratuítas ao ceminterio desde o 30 de outubro ao 25 de novemebro. Habilitaranse tres quendas diferentes (18.30, 19.00 e 19.30 horas) durante 21 días. Cada quenda terá unha cota de 25 persoas, que percorrerán o lugar durante unha hora e media acompañadas dun personaxe histórico da cidade. Os días nos que haberá visita son os seguintes: 30 de outubro, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 24 e 25 de novembro.

Os interesados en anotarse deberán facelo a través do Servizo de Atención Cidadá, no teléfono 010. O prazo de reserva de praza gratuíta comeza mañá venres, 27 de outubro, ás 9:30 horas. As prazas cubriranse por orde de día e quenda, ata completar aforo. Cómpre ter en conta que non estarán dispoñibles todas as vacantes á vez senón que se abren cotas semanais. As inscricións realizaranse todos os xoves (2, 9, e 16 de novembro), para rexistrarse nas visitas da semana seguinte. Poden inscribirse tres persoas como máximo.

Punto e hora de encontro: porta principal do Cemiterio de Pereiró, 10 minutos antes da hora de inicio da visita.

Se queres afondar máis na historia do camposanto vigués, podes ler esta reportaxe que publicamos na revista A Movida de novembro de 2021.

Máis

Hora

(Venres) 18:30(GMT+01:00)

Localización

Cemiterio de Pereiró

Av. de Castrelos, 213, 36213 Vigo, PO

Other Events