Este é un evento repetitivo4 febreiro, 2026 18:306 febreiro, 2026 18:30
Detalles do eventos
Tres meses máis tarde do habitual, volven as visitas guiadas e teatralizadas ao ceminterio de Pereiró. Personaxes ilustres enterrados aquí, como Concepción Arenal, Irene de Ceballos (muller
Detalles do eventos
Tres meses máis tarde do habitual, volven as visitas guiadas e teatralizadas ao ceminterio de Pereiró. Personaxes ilustres enterrados aquí, como Concepción Arenal, Irene de Ceballos (muller de Policarpo Sanz), Bernardo González del Valle (Cachamuíña) e María de los Milagros Elduayen (Marquesa de Valladares), exercen de guías. Aínda que os anos anteriores estas visitas coinciden coa celebración de Santos este ano, por un problema na contratación, as visitas realizaranse a partir deste venres 23 de xaneiro.
O Concello organiza visitas guiadas desde este venres, 23 de xaneiro, ata o xoves 12 de febreiro (excepto o luns 2 de febreiro). O cemiterio poderá percorrerse en tres grupos diarios, nos seguintes horarios: 18:30 h, 19:00 h e 19:30 h. Cada quenda terá unha cota de 25 persoas, que percorrerán o lugar durante unha hora e media acompañadas dun personaxe histórico da cidade.
A inscrición para participar nas visitas guiadas, que comezou este mércores, pode facerse de forma presencial na lonxa do Concello, en dúas quendas: ás 9:30 horas e ás 13:00 horas. Cada solicitante poderá inscribir a un máximo de 4 persoas.
Punto e hora de encontro: porta principal do Cemiterio de Pereiró, 10 minutos antes da hora de inicio da visita.
Se queres afondar máis na historia do camposanto vigués, podes ler esta reportaxe que publicamos na revista A Movida de novembro de 2021.
Hora
5 febreiro, 2026 18:30(GMT+01:00)
Localización
Cemiterio de Pereiró
Av. de Castrelos, 213, 36213 Vigo, PO


