Visitas guiadas á Vila romana de Toralla

18ago20:0023:59Visitas guiadas á Vila romana de TorallaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 - 23:59

Detalles do eventos

O Concello retoma este xoves 27 de xullo as recreacións históricas no xacemento arqueolóxico, que poderán realizarse nos meses de xullo e agosto e para as que non é necesaria a cita previa.

A vila romana de Toralla recibe esta semana as primeiras visitas guiadas desta temporada. As persoas interesadas en coñecer como se desenvolvía a vida das mulleres e homes da época romana na vila poderán asistir ao espectáculo no que os figurantes, ataviados con roupaxe da época, recrearán diferentes escenas cotiás como a presentación en sociedade dos recen nados, a venda de escravos ou a loita de gladiadores, entre outras.

Horarios:

As visitas serán os xoves 27 de xullo e os xoves 3, 10 e 24 de agosto. Haberá dous pases cada día: o primeiro ás 20 h e o segundo ás 21 h da noite.

Tamén haberá visitas o venres 18 de agosto coincidindo coa Noite Branca. Os pases terán lugar ás 20, 21, 00 e 1 da madrugada.

A entrada é libre ata completar aforo.

Máis

Hora

(Venres) 20:00 - 23:59

Localización

Vila romana de Toralla

36390 36390, Rúa de Canido, 105, 36390 Oia, Pontevedra