O Cometa en Candeán – A Movida

outubro, 2018

29out17:00O Cometa en CandeánANIVERSARIO VITRASA | De balde17:00 Candeán

Máis

Detalles do evento

No marco do 50 Aniversario de Vitrasa, o Bus Histórico da compañía percorrerá diferentes barrios de Vigo co obxectivo de que as viguesas e vigueses poidan coñecer de primeira man a historia do transporte urbano na cidade.
Os transeúntes que estean interesados poderán acceder ao interior do vehículo que está totalmente restaurado e para o que se acometeu durante meses un exhaustivo proceso de renovación para recuperar o modelo orixinario que percorría as cidades de Vigo hai 50 anos. Os visitantes recibirán un folleto explicativo cos 50 anos da historia de Vitrasa na cidade. O Cometa, que data de 1968, percorrerá os seguintes lugares:

Candeán – 29/10 ás 17:00 (AAVV)

Zamáns – 30/10 ás 12:00

Beade – 30/10 ás 17:00

Bembrive – 31/10 ás 17:00

Matamá – 02/11 ás 17:00

Comesaña – 03/11 ás 17:00

Cabral – 05/11 ás 17:00

Coia – 06/11 ás 12:00

Lavadores – 06/11 ás 17:00

Sárdoma – 07/11 ás 17:00

Hora

(Luns) 17:00

Lugar

Candeán

Candeán, Vigo, Pontevedra

X