xuño, 2019

28xuñ11:00Visita 'Villae Toralla' + ECIMATVIGO PESQUEIRO | 5,00€11:00

Máis

Detalles do evento

Actividade dentro do programa Vigo Pesqueiro, unha proposta de FUNDAMAR (Fundación para la pesca y marisqueo) para promover o coñecemento da nosa contorna e da actividade marítima e pesqueira pola que Vigo goza de tanto renome.

O programa está composto por catro actividades que se desenvolverán do 15 ao 28 de xuño e están dirixidas ao público familiar que queira somerxerse no pasado e presente mariñeiro da cidade.

Todas as actividades requiren inscrición previa, que deberá realizarse por correo electrónico no enderezo info@vigopesqueiro.

Venres 28 de xuño, ás 11:00: Descobre Toralla, villae e illa, e visita á ECIMAT.
Anímate a participar nesta visita que comezará cunha aproximación ao mundo romana na “Villae Toralla” única villa de Galicia totalmente excavada e que pode ser visitada . Cruzando a ponte do Vao entraremos nunha illa que conta cunha historia ancestral que fala de fenicios, de factorías de metais ou salazóns, de mosteiros, de tranvías, e xa na actualidade de investigacións mariñas: visita á ECIMAT , O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo.

Vigo Pesqueiro Toralla

Hora

(Venres) 11:00

X