
VISITA GUIADA POLA EXPOSICIÓN 'ON THE BILATERALITY'
Detalles do eventos
O venres 17 de xaneiro (19:30 horas) terá lugar en Évame Oroza unha visita guiada pola exposición On the Bilaterality da man do seu autor
Detalles do eventos
O venres 17 de xaneiro (19:30 horas) terá lugar en Évame Oroza unha visita guiada pola exposición On the Bilaterality da man do seu autor Juan de la Colina e do artista Darío Basso. Entrada de balde ata encher aforo.
Esta é, sen dúbida, a mellor oportunidade para coñecer a orixe desta mostra formada por 15 fotografías e unha pintura, que parte dunha reflexión sobre a bilateralidade: diferentes enfoques e percorridos desde unha mesma mirada. Esta mostra foi inaugurada o 13 de decembro e permanecerá no local da asociación cultural viguesa ata o vindeiro 30 de xaneiro de 2025, onde poderá ser visitada de luns a venres polas tardes (de 16:30 a 20:30 horas).
Juan Martínez do Outeiro (A Coruña, 1958), coñecido como Juan de la Colina, é un artista e doutor en Belas Artes, formado entre Barcelona, Madrid e Nova York. On the Bilaterality é a súa segunda exposición individual en Vigo (a primeira foi en 1990 na galería ADHOC). Profesor colaborador da Agrupación de Amigos do MARCO, en 2019 presentou neste museo o seu documental Maruxa.
Máis
Hora
17 xaneiro, 2025 19:30(GMT+01:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra