Este é un evento repetitivo

Visita guiada 'A nosa arte'

16feb19:00Visita guiada 'A nosa arte'ARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+01:00)

Detalles do eventos

No marco da exposición ‘A nosa arte’, actualmente na Sede Afundación de Vigo ata o vindeiro 18 de febreiro, todos os xoves ás 19.00 h, o público xeral ten a oportunidade de sumarse ás visitas guiadas que a entidade organiza para visitar esta escolma da sobranceira colección de arte do Parlamento de Galicia.

A mostra, comisariada por María Victoria Carballo-Calero, Felipe Senén López e Carlos Valle, está constituída por unha selección de 37 pezas da Colección de Arte do Parlamento de Galicia, que atesoura un total de 300 obras de arte galega, unha memoria viva das diferentes etapas históricas que, ao longo dos últimos cen anos, determinaron as tendencias artísticas adoptadas en Galicia.

Máis

Hora

(Xoves) 19:00(GMT+01:00)