banneraQUALIA
bannerRevistaOnline

Este é un evento repetitivo

23nov17:00Visita ao órgano da Concatedral de Santa MaríaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:00 Concatedral de Santa María

Visita ao órgano da Concatedral de Santa María

A Clásica celebra a segunda edición do festival de órgano 8 pés. A Concatedral de Santa María de Vigo acollerá a cita do 23 ao 26 de novembro ás 21:00h, semana na que se celebra Santa Icía, patroa de músicos e músicas.

A programación deste 2022 volve incluír visitas guiadas ao órgano da Concatedral, o único órgano en activo nun templo da cidade. Este órgano sinfónico do romántico tardío foi construído polo prestixioso mestre Lope Alberdi en 1909. En 2017 foi restaurado por Federico Acitores, conservando a súa esencia sonora e actualizando os sistemas. A Orquesta Clásica de Vigo organiza este festival para non esquecer o instrumento e darlle vida, co obxectivo de conservar un patrimonio único do que aprender e gozar.

Para as visitas haberá pases ás 17h e 17:30h o mércores 23, o xoves 24 e o venres 25, de máximo 15 persoas por pase. As entradas serán de balde, previa retirada de convite na plataforma Enterticket.

Máis

Hora

(Mércores) 17:00

Localización

Concatedral de Santa María

Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra

X