CONGRESO MAR >

22mai22:00VISIONS OF JUNOCONCERTOS |Desde 11,00 €22:00(GMT+02:00) Sala Supersonic

Detalles do eventos

Visions of Juno é unha banda de rock formada en Vigo en 2020 por Paul Clarke e Jorge Lorenzo (voces e guitarras), aos que se lles uniron máis tarde Jose Calvo á batería e Aitor Moon ao baixo. A súa proposta móvese entre o rock americano e o pop británico, e o seu son evolucionou desde as guitarras acústicas do seu primeiro traballo cara a un estilo máis eléctrico, contundente e directo.

Chegan á sala Supersonic para presentar os temas do seu segundo disco, You don’t know it, nun concerto que contará como convidado especial co produtor do álbum, Juan de Dios Martín. Este último é recoñecido pola súa dilatada carreira, na que se encargou, entre moitos outros, de clásicos do pop nacional como Atlántico de Xoel López ou Hacia lo Salvaje de Amaral.

Entradas

Hora

22 maio, 2026 22:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Supersonic

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events