VIALIA
bannerPicnicSesions

Vísceras poéticas

28dec19:30Vísceras poéticasESPECTÁCULOS | Caixa inversa19:30(GMT+01:00) A Morada

Detalles do eventos

‘Vísceras poéticas’ é unha peza de formato curto onde a poesía válese da linguaxe do corpo para desenvolver unha performance. Nela se cuestiona a auto percepción do individuo “muller” reconstruida dende e por causa do ollo externo.

Unha loita do interno cara fora, un diálogo de deconstrucción, destrucción, aceptación e rebeldía. Un intento de aceptar a pregunta sen resposta “Que é e como é “muller”?

Tómase como referentes á artista Yolanda Domínguez e ao colectivo W.I.T.C.H.

Constance Hurlé
Hiperactiva sen remedio, adícase á expresión das emociones e á crítica social a través da literatura e as artes escénicas.

Para materializar as súas ideas funda a compañía de artes vivas Constance Hurlé, que virá seguida do nacemento de Hurlé produción e distribución, pequena empresa das industrias culturais que non solo se centra no traballo da artista, se non que extende as súas ramas para axudar a outras artistas do seu entorno a levar a cabo os seus proxectos.

O seu traballo como creadora, pero tamén como produtora, procura sempre ter un punto de vista crítico, con perspectiva de xénero e conciencia social e medioambiental, intentando que os seus proxectos aporten algo á sociedade, pois pensa que esta é unha das principais responsabilidades dos axentes culturais.

Mércores 28 ás 19:30

Taquilla inversa

Máis

Hora

(Mércores) 19:30(GMT+01:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events