BIBOPALULA

10xuñ(xuñ 10)10:0028set(set 28)20:00O Museo do Mar amosa a pegada dos viquingos en GaliciaARTE E MUSEOS | De balde10:00 - (setembro 28) 20:00(GMT+02:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

Entre o 10 de xuño e o 28 de setembro, o Museo do Mar de Galicia acolle Viquingos. Unha ollada desde Galicia, unha exposición internacional organizada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Esta mostra amosa a pegada que, durante a Idade Media, as incursións dos pobos nórdicos deixaron en Galicia.

Viquingos. Unha ollada desde Galicia nace a raíz do éxito de Unha vida viquinga, exposición que, o pasado ano 2024, estivo no Museo Centro Gaiás (Santiago de Compostela) e reuniu máis de 60.000 visitas. O que pretende a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con esta proposta é promover a circulación de distintas exposicións arredor da xeografía galega para, así, facer accesible a cultura para toda a poboación.

Concretamente, a mostra que se atopa no Museo do Mar de Galicia reúne setenta e cinco pezas procedentes de museos e institucións galegos, andaluces e suecos. A maiores, conta con algunhas obras singulares como, por exemplo, a recreación de gran parte dun navío viquingo realizado en cartón ou catro pezas audiovisuais animadas con ilustracións de David Rubín, un dos autores galegos de banda deseñada con maior proxección internacional.

Unha vida viquinga ofrece unha visión máis xeral da cultura viquinga, porén Viquingos. Unha ollada desde Galicia vai un paso máis alá, poñendo o foco no caso concreto do seu impacto na nosa terra.

HORARIO DE VISITA

Inverno (16 de setembro – 20 de xuño)

  • De martes a venres | 10:00 – 14:00 h e 16:00 – 19:00 h
  • Sábados, domingos e festivos | 11:00 – 14:00 h e 17:00 – 20:00 h

Verán (21 de xuño – 15 de setembro)

  • De martes a domingo | 11:00 – 14:00 h e 16:30 – 20:30 h

Máis

Hora

10 xuño, 2025 10:00 - 28 setembro, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events