CAMELIAS NADAL

21nov20:00Vín-culos, con Paula PierESPECTÁCULOS | Caixa inversa20:00(GMT+01:00) A Morada

Detalles do eventos

VÍN-CULOS con @‌paulapier3
Fai cinco días que convivo cun gato e aínda non o coñezo… máis, acaso importa? —pregúntase Paula.

VÍN-CULOS é un paseo pola diverxencia da propia artista que, entre o humor e a vulnerabilidade, explora o xeito en que habitamos as relacións no presente.

A través dunha playlist dos 90, moito descaro e un toque de melancolía pop, propón o xogo de rirnos mentres tentamos entendernos.

Tinder, ChatGPT, as Spice Girls e un gato xúntanse nesta divertida e absurda concatenación de escenas para escupir, dunha forma reveladora, a incerteza na que Paula —a nosa intérprete— surfea os vínculos no seu contexto social: tan rotundamente pequeno como inevitablemente descomunal.

Unha exploración sobre a soidade, os coidados e o desexo de conexión nun mundo que, entre pantallas e espellos, segue a buscar un simple boom boom boom boom compartido.

Venres 21 de novembro ás 20h

Hora

21 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events