xullo, 2021

Este é un evento repetitivo

15xul19:30Encontro de Danza Urbana VIKULFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:30 Praia de Samil

Detalles do eventos

Os próximos 14 e 15 de xullo ás 19:30 horas, na pista de patinaxe de Samil en Vigo, celebraranse diversos shows de danza urbana. Neles, intervirán máis de 400 bailaríns (o máis novo con tan só cinco anos de idade), 15 escolas de danza de toda a comunidade e realizaranse máis de 70 coreografías. Un gran equipo de técnicos e staff colaborarán no evento co obxectivo de que todo saia ben.

O evento repartirase en dous días, o mércores 14 e o Xoves 15 de xullo, á mesma hora (as 19:30), unha fórmula xa aplicada a outros eventos da cidade olívica, como os multiconcertos, o que permite encher Vigo de vida e eventos culturais, repartidos en diferentes datas e lugares ofrecendo aos cidadáns múltiples posibilidades e evitando as aglomeracións. Neste caso, a localización do evento terá lugar en Samil tan só poucos días despois de que esta praia viguesa aparecese entre as 10 máis recomendadas de todo o país, nunha clasificación elaborada por máis de 12 millóns de usuarios. Os vigueses terán así ata dúas oportunidades de gozar de modo gratuíto e con total seguridade, grazas á colaboración do Concello de Vigo, destas xornadas de danza urbana. O aforo ao evento está controlado e limitado. As medidas de prevención COVID-19 serán aplicadas durante todo o evento.

Máis

X