Este é un evento repetitivo10 xullo, 2026 10:30
09xul10:3013:00VikulESPECTÁCULOS | De balde 10:30 - 13:00(GMT+02:00) CC Vialia
Detalles do eventos
Xoves, 9 de xullo A programación comezará ás 10:30 h no Foodcourt de Vialia Vigo cunha masterclass de waacking impartida polo bailarín galego Mario Durán.
Detalles do eventos
Xoves, 9 de xullo
A programación comezará ás 10:30 h no Foodcourt de Vialia Vigo cunha masterclass de waacking impartida polo bailarín galego Mario Durán. Ás 12:00 h será a quenda de Sergio Sáez, bailarín, coreógrafo e divulgador da danza.
Xa pola tarde, a actividade trasladarase á praia de Samil, onde ás 18:00 h terá lugar un encontro aberto de estilo libre e cultura urbana con música, improvisación e rodas de baile. A xornada rematará entre as 19:30 e as 21:30 h cos Shows VIKUL 2026, nos que participarán escolas, compañías e artistas convidados.
Programación:
- 10:30 h – Masterclass de waacking con Mario Durán (Foodcourt de Vialia Vigo)
- 12:00 h – Masterclass con Sergio Sáez (Foodcourt de Vialia Vigo)
- 18:00 h – Encontro aberto de estilo libre e cultura urbana (Samil)
- 19:30 – 21:30 h – Shows VIKUL 2026 (Samil)
Venres, 10 de xullo
A mañá comezará ás 10:30 h no Foodcourt de Vialia cunha masterclass de heels impartida por Sergio Martínez, unha disciplina que fusiona jazz, hip hop, danza urbana e cabaret sobre tacóns. Ás 12:00 h será a quenda do bailarín Vasco Alves, que ofrecerá unha sesión centrada no hip hop.
Xa pola tarde, ás 18:00 h, Samil acollerá unha clase aberta de capoeira dirixida por André Martíns. A programación rematará cunha nova edición dos Shows VIKUL 2026, entre as 19:30 e as 21:30 h, nos que participarán escolas, compañías e artistas convidados.
Programación:
- 10:30 h – Masterclass de heels con Sergio Martínez (Foodcourt de Vialia Vigo)
- 12:00 h – Sesión de hip hop con Vasco Alves (Foodcourt de Vialia Vigo)
- 18:00 h – Clase aberta de capoeira con André Martíns (Samil)
- 19:30 – 21:30 h – Shows VIKUL 2026 (Samil)
Hora
9 xullo, 2026 10:30 - 13:00(GMT+02:00)
Localización
CC Vialia
Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra


