REVISTA ABRIL

VIII MOSTRA DA ORALIDADE 'POR BOCA DE MULLER': Diana Sieira

05dec18:30VIII MOSTRA DA ORALIDADE 'POR BOCA DE MULLER': Diana SieiraESPECTÁCULOS | De balde18:30(GMT+01:00) Auditorio CVC Valladares

Detalles do eventos

O CVC Valladares organiza a VIII Mostra da oralidade ‘Por Boca de Muller’ cunha programación de actividades para os vindeiros días.

O domingo 5 de decembro a cómica Diana Sieira actuará no Auditorio do CVC co seu monólogo ‘Conexións Có(s)micas’.

SINOPSE
‘Conexións Có(s)micas’ enlaza premisas que non se conectarían en ningún outro cerebro…. ata que chega Diana! Gayoso e Madonna? Benetton e o Carnaval en Cabo de Cruz? A trascendencia e os chocapics? Canalillo ou regañeta? Reverte e a igualdade?

‘O peor que che pode facer alguén é chamarte normal’, dixéralle unha vez unha gran amiga. E así é. A meta de Diana Sieira, ademáis de facer rir a esgalla ó público, é sempre intentar marcar a diferencia. ‘Para o demáis xa están os demáis’, como ela mesma afirma. (Ou quizais o dixera antes Amistades Peligrosas?). Debe ser por isto que unha das “marcas da casa” son as súas coñecidas cancións cómicas.

DIANA SIEIRA
Leva enriba das tablas dende 2005, e facendo monólogos cómicos dende 2013. Ese mesmo ano foi finalista do concurso de monólogos La Tuerka. Esta artista total pasou por xéneros tan variados como teatro, clown, canción, cabaré, percusión ou danza. O seu humor caracterízase polo absurdo e o inesperado, pola imprevisibilidade das súas accións e polo gran torrente de enerxía co que inunda a escena. Foi gañadora do 2o premio no I Certamen de Monólogos de Betanzos en 2015 e forma parte do duo cómico “Niñas de la Risa” xunto con Ángela Triana.

Domingo 5 ás 18:30

Máis

Hora

(Domingo) 18:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio CVC Valladares

Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO

Other Events