VIALIA
bannerPicnicSesions

VIII MOSTRA DA ORALIDADE 'POR BOCA DE MULLER': CRIS DE CALDAS

08dec18:30VIII MOSTRA DA ORALIDADE 'POR BOCA DE MULLER': CRIS DE CALDASESPECTÁCULOS | De balde18:30(GMT+01:00) Auditorio CVC Valladares

Detalles do eventos

O CVC Valladares organiza a VIII Mostra da oralidade ‘Por Boca de Muller’ cunha programación de actividades para os vindeiros días.

O mércores 8 de decembro, a animadora Cris de Caldas actuará no Auditorio do CVC co seu número ‘Mulleres de Conto’. Trátase dunha sesión de contos para un público adulto e adolescente onde a (des)igualdade é o fío condutor e no remate teremos, a veces unha pisca de (in)xustiza e , noutras ocasión, algo de humor tal como están presentes na vida mesma. Non todas son historias de final feliz nin amables pero todas son verdadeiramente emocionantes e de necesaria divulgación.

SINOPSE
Pensando nas historias que máis me emocionan chegaron ás destas mulleres que non viviron, precisamente, unha vida de conto pero, sen dúbida, merecen ser lembradas. Non saen nos libros de historia pero, xa se sabe, a historia hai que coñecela para non cometer os mesmos erros. Recompilando historias de vida e contos de tradición oral e literaria onde as mulleres demostran ser as protagonistas das súas vidas incluso cando a morte ande preto, cheguei a darlle voz. E iso é o que pretendo, darlle voz a quen non a tivo, a unha chea de heroínas anónimas que tiveron que camiñar por congostras cheas de obstáculos e sombras.

Mércores 8 ás 18:30

Máis

Hora

(Mércores) 18:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio CVC Valladares

Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO

Other Events