VIIFF Festival de Cine Inclusivo – A Movida

maio, 2018

05mai11:00VIIFF Festival de Cine InclusivoCHARLA | De balde11:00 Auditorio Municipal do Concello

Máis

Detalles do evento

A Terceira edición do VIIFF Festival de Cine Inclusivo arranca este mércores, 2 de maio, no Auditorio do Concello. Poderemos coñecer aqueles traballos audiovisuais que mellor tratan o tema da inclusión ao tempo que se reivindica a importancia de facer cine para todos.

O sábado pola mañá crearase un espazo de debate en torno á necesidade de facer cine accesible, labor que non só implica aos propios traballadores do audiovisual, senón a toda a sociedade.

Ás 11.00 horas, a directora e guionista Julia Castro falará sobre a súa experiencia na realización da webserie ‘Generación wifi’.
Os asistentes gozarán da proxección da serie, protagonizada por Valeria, unha trintañeira en paro enganchada ás novas tecnoloxías. A acompañarán, entre outros, un colega do traballo con síndrome de Down, a súa mellor amiga que é cega, e o seu veciño, un rapaz xordo. Entre todos axudarán a Valeria a ver a vida dende outra perspectiva.

As 11.45 horas, o profesor da Universidade de Vigo Pablo Romero, director do novo observatorio galego de accesibilidade aos medios (GALMA), ofrecerá unha charla sobre cine accesible. Nela se presentará a iniciativa accesible filmmaking (produción cinematográfica accesible), que consiste na integración da tradución e a accesibilidade como parte do proceso de produción cinematográfica.

Ás 12.30 vermú con CREA.

Ás 13.00 charla e cañas con AGAG.

A entrada é de balde ata completar aforo.

Hora

(Sádado) 11:00

Lugar

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X