VIIFF Festival de Cine Inclusivo – A Movida

maio, 2018

04mai21:00VIIFF Festival de Cine InclusivoDEBATE + CINEMA | De balde21:00 Auditorio Municipal do Concello

Máis

Detalles do evento

A Terceira edición do VIIFF Festival de Cine Inclusivo arranca este mércores, 2 de maio, no Auditorio do Concello. Poderemos coñecer aqueles traballos audiovisuais que mellor tratan o tema da inclusión ao tempo que se reivindica a importancia de facer cine para todos.

O venres pola noite preséntase a sección ‘Novas Miras’, que nace coa intención de crear un espazo de debate ao redor de aspectos pouco tratados da realidade das persoas con diversidade funcional.

Ás 21:00 horas o profesor Robert Casas, da Universidade Hood College poñerá sobre a mesa a cuestión da sexualidade nas persoas con diversidade funcional, coa súa presentación ‘Deseos proyectados: sexualidad, empatía y reivindicaciones políticas en ’.

Trala charla terá lugar a proxección da película ‘Vivir y otras ficciones’ de Jo Sol. A cinta pon o acento na necesidade sexual e nas dificultades que atopan as persoas con diversidade funcional para satisfacela, situando ao espectador nun lugar incómodo dende o que se invita a practicar a empatía.

A entrada é de balde ata completar aforo.

Hora

(Venres) 21:00

Lugar

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X