outubro, 2019

20out09:45VII Vigo Contra el CáncerACTIVIDADES DEPORTIVAS | Desde 8,00€09:45 Avenida Castelao

Máis

Detalles do evento

Xa poden formalizarse as inscricións para participar na VII Carreira Vigo Contra o Cancro. Habilitáronse dúas vías para levalo a cabo; como en edicións anteriores, os participantes poden inscribirse online, na páxina da Asociación (www.vigocontraelcancer.es), ou de maneira presencial, na planta de deportes do Corte Inglés.

Todos aqueles rexistrados nas modalidades de 5 e 10km recibirán co seu dorsal unha camiseta conmemorativa desta VII edición. A data límite para inscribirse na proba será o próximo 17 de outubro. As inscricións estarán limitadas a 5000 participantes.

Tamén se habilitou un ‘Dorsal 0’, é dicir, un dorsal solidario para todas aquelas persoas que non vaian participar na carreira pero queiran efectuar unha doazón económica a Vigo Contra o Cancro. As inscricións realizadas como ‘Dorsal 0’ non inclúen camiseta conmemorativa. O recadado será doado integramente ao proxecto e ás actividades cos nenos de oncoloxía.

Debido á gran participación que se espera este 20 de outubro, a organización viuse obrigada a variar o percorrido para garantir a seguridade durante a proba. Este sairá desde a Explanada de Coia dirección Avenida de Europa ata un pouco máis adiante da Fundación Sales, onde dará a volta ata Praza América e de novo á Explanada. No caso da proba de 10 quilómetros, as persoas participantes deberán relizar dúas voltas a este circuito.

Os participantes na carreira de 5km finalizarán así o percorrido, e aos corredores da proba de 10 km, puntuable para o circuíto RUN RUN Vigo, quedará por diante unha segunda volta ao mesmo circuíto.

Como cada ano, contaremos cunha proba adaptada; a saída da mesma terá lugar ás 9:45 horas. Despois estableceranse dúas saídas máis, primeiro os corredores de 10km ás 10:00 h, e despois os de 5km ás 10:45 h.

Os dorsais poderán recollerse o sábado día 19 (en horario de 10:00 a 22:00 horas, na planta de deportes de El Corte Inglés) ou o propio domingo día 20 na Explanada de Coia, (de 08:00 a 09:30 horas no caso dos corredores de 10km, e de 08:00 a 09:45 horas para aqueles participantes na proba de 5km). Nesta sétima edición tamén estará dispoñible o servizo de gardarroupa, os corredores poderán deixar as súas pertenzas no mesmo ata media hora antes da saída da súa proba.

Hora

(Domingo) 09:45

Lugar

Avenida Castelao

Avenida Castelao

X