Interplanetario

18ago(ago 18)18:0020(ago 20)22:00InterplanetarioFESTIVAIS E FEIRAS | De balde18:00 - 22:00 (20)

Detalles do eventos

Unha das actividades estrela da Asociación Esbozos é o Interplanetario. Un evento internacional que, tras seis exitosas edicións, unha delas en liña pola pandemia, consolidouse como o mellor e o evento de INFINITY máis grande do mundo, atraendo a máis de 500 asistentes de todos os recunchos da Terra.

O Interplanetario naceu no 2011 como un modesto torneo autonómico galego de Infinity con 20 participantes. Grazas ao bo facer, a innovación e o coidado da calidade do evento, este foi crecendo ata que, na súa cuarta edición, logrou captar a atención da comunidade estranxeira, deixando de ser un torneo “grande” a converterse no Interplanetario, no primeiro torneo internacional e de maior participación, contando con xogadores de todo o territorio Español, Reino Unido, Estados Unidos, Polonia, Rusia, Grecia ou Xapón.

O Interplanetario non é un torneo calquera, é a final oficial da tempada competitiva do xogo organizado de Corvus Belli para os seus dous xogos: Infinity e Aristeia!, onde máis de 240 xogadores competirán por alzarse coa vitoria.

Pero que é Infinity?

Infinity é un xogo táctico de miniaturas de 28mm que naceu en Cangas e que nos seus máis de 10 anos de vida popularizouse a escala mundial, sendo cualificado como un dos mellores xogos de estratexia con miniaturas onde priman, neste xogo galego, a calidade das súas regras e do esculpido das súas figuras.

E Aristeia!?

Aristeia! é o xogo de mesa estilo MOBA de Corvus Belli que permite a dous xogadores poñerse no papel de manager dun equipo de competición deportiva no maior espectáculo visual da Esfera Humana.

O Interplanetario non é só un torneo, é un evento onde a competición compleméntase con exposicións, charlas de deseño e escultura 3D, presentacións de novos xogos, “masterclasses” de pintura con dúas dos pintores do sector máis recoñecidos a nivel mundial, así como un sen fin de actividades. Tres días cheos de actividades, na que máis de 500 persoas asistiron e participaron nestas actividades complementarias na pasada edición.

No Interplanetario tamén se celebran os Crow Awards, un concurso de pintura de alto nivel, onde pintores de gran renome expoñerán a concurso as súas miniaturas.

Máis

Hora

18 (Venres) 18:00 - 20 (Domingo) 22:00