VII Festival Nas Ondas
16feb20:00VII Festival Nas OndasFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax
Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMV) presenta o VII Festival de Música e das Artes NASONDAS, que se desenvolverá entre o 16 de febreiro e
Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMV) presenta o VII Festival de Música e das Artes NAS
ONDAS, que se desenvolverá entre o 16 de febreiro e o 2 de xuño de 2022.
NAS ONDAS ofrece unha programación igual de variada e interesante que en pasadas edicións, pero reforzando nesta edición tanto o seu perfil internacional como a aposta pola música de compositores galegos.
NAS ONDAS 2022 posúe máis de 40 eventos, gratuítos e, na súa maioría, de libre entrada ata completar o
aforo dispoñible.
O festival oferta un amplo número de concertos, pero tamén conta con destacados relatorios
e clases maxistrais. Como ven sendo habitual, se articula en distintos ciclos: Semana da Música Antiga, De
Piano, III Semana Internacional do Clarinete, PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente e Semana das
Letras Galegas.
Datas da primeira semana do festival:
- Mércores 16 de febreiro: Recital de clave a cargo do reputado clavecinista Ignacio Prego dentro da Semana da Música Antiga.
- Xoves 17 e venres 18 de febreiro: Funcións da coprodución operística feita en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) e o IES Audiovisual de Vigo na que se interpretarán conxuntamente, a modo de díptico, O teléfono e O segredo de Susana, dúas breves obras que abordan dun xeito cómico e desenfadado unha temática de gran actualidade, como o é a das adiccións.
Máis
Hora
16 febreiro, 2022 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes