
27abr20:00VII Festival Nas OndasFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax
Detalles do eventos
O Festival de Música e Artes NAS ONDAS ofrece na sua séptima edición máis de 40 eventos entre o 16 de febreiro e o 2 de xuño de
Detalles do eventos
O Festival de Música e Artes NAS ONDAS ofrece na sua séptima edición máis de 40 eventos entre o 16 de febreiro e o 2 de xuño de 2022, reforzando tanto o seu perfil internacional coma a sua aposta pola música dos compositores galegos con concertos, charlas e clases maxistráis.
O festival, integrado polos ciclos Semana da Música Antigua, De Piano, III Semana Internacional do Clarinete, PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente e Semana das Letras Galegas, mostra o extraordinario dinamismo do Conservatorio Superior de Música de Vigo e o seu compromiso ca cultura e a súa normalización en tempos de pandemia.
Desde o luns 25 ao xoves 28 o saxofón será o protagonista da programación, con concertos pertencentes ao ciclo “Saxornadas” organizado polo centro. Un ciclo que se iniciou alá polo ano 2004 no CPM de Vigo e están coordinadas desde entón polo catedrático de saxofón no CSM de Vigo, Rafael Yebra. Ao longo destas 18 edicións pasaron destacados saxofonistas e grupos no ámbito da música clásica, contemporánea e jazz como Andrés Gomis, Marie- Bernadette Charrier, Xosé Luís Miguelez, Cuarteto de saxofones S@x 21, Fernando Ramos, Vin- Gop Cuartet, Joel Versavaud, Javier Constenla Jazz Quartet, Narciso Pillo, Antonio García Jorge, Antonio Felipe Belíjar, … e compositores como Alberto Pousadas, Pablo Beltrán ou Christophe Havel, entre outros.
O mércores 27 de abril, ás 20:00 h no Auditorio Martín Códax, realizarase o unha conferencia-concerto co dúo ” ADUA” cuxos integrantes son o saxofonista Sixto Herrero e o pianista Daniel Fernández. A conferencia realizarase a cargo de Sixto Herrero, o cal abordará temas relativos ao novo repertorio ligado á investigación baseada nas artes, co fin de facer chegar novas creacións e adaptacións, buscando un cambio idiomático no repertorio para saxo especialmente con piano acompañante.
Máis
Hora
27 abril, 2022 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual