
VII Festival Nas Ondas
26abr20:00VII Festival Nas OndasFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax
Detalles do eventos
O Festival de Música e Artes NAS ONDAS ofrece na sua séptima edición máis de 40 eventos entre o 16 de febreiro e o 2 de xuño de
Detalles do eventos
O Festival de Música e Artes NAS ONDAS ofrece na sua séptima edición máis de 40 eventos entre o 16 de febreiro e o 2 de xuño de 2022, reforzando tanto o seu perfil internacional coma a sua aposta pola música dos compositores galegos con concertos, charlas e clases maxistráis.
O festival, integrado polos ciclos Semana da Música Antigua, De Piano, III Semana Internacional do Clarinete, PercusiónFest, Saxornadas, Explurart, Abrente e Semana das Letras Galegas, mostra o extraordinario dinamismo do Conservatorio Superior de Música de Vigo e o seu compromiso ca cultura e a súa normalización en tempos de pandemia.
Desde o luns 25 ao xoves 28 o saxofón será o protagonista da programación, con concertos pertencentes ao ciclo “Saxornadas” organizado polo centro. Un ciclo que se iniciou alá polo ano 2004 no CPM de Vigo e están coordinadas desde entón polo catedrático de saxofón no CSM de Vigo, Rafael Yebra. Ao longo destas 18 edicións pasaron destacados saxofonistas e grupos no ámbito da música clásica, contemporánea e jazz como Andrés Gomis, Marie- Bernadette Charrier, Xosé Luís Miguelez, Cuarteto de saxofones S@x 21, Fernando Ramos, Vin- Gop Cuartet, Joel Versavaud, Javier Constenla Jazz Quartet, Narciso Pillo, Antonio García Jorge, Antonio Felipe Belíjar, … e compositores como Alberto Pousadas, Pablo Beltrán ou Christophe Havel, entre outros.
O martes 26 de abril ás 20:00 h no Auditorio Martín Codax , baixo o título “Música italiana para saxofón so & saxofón e electrónica”. Sóbese ao escenario nesta ocasión Enzo Filippetti, saxofonista chegado desde o Conservatorio Santa Cecilia de Roma, onde é docente, para interpretar obras do repertorio de música contemporánea e explorar as posibilidades da música electrónica para este instrumento.
Máis
Hora
26 abril, 2022 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
- Mes actual
Séguenos nas redes