
VII Concurso de Pinchos de Teis
11set(set 11)12:0026(set 26)22:00VII Concurso de Pinchos de TeisGASTRO | 1,80€12:00 - 22:00 (26)
Detalles do eventos
A Asociación de Comerciante de Teis organiza, por sétimo ano consecutivo, o Concurso de Pinchos de Teis, desde este venres 11 ata o sábado 26 de setembro, na
Detalles do eventos
A Asociación de Comerciante de Teis organiza, por sétimo ano consecutivo, o Concurso de Pinchos de Teis, desde este venres 11 ata o sábado 26 de setembro, na que participan nove hostaleiros: Tapería La Paulina, Tapería Sanjurjo, Cervecería D’Tres, Café/Bar D’Antonio, Cafetería Bellmar, Tapería La Ermita, Bar A Dorna, Bar O Repunantiño e Cafetería Zoraya 2. O prezo por petisco é de 1,80€.
O sistema de votación seguirá sendo o mesmo que noutros anos: unha vez consigas cinco selos de cinco locais diferentes (ou un de calquera negocio asociado á ZonaTeis), poderás introducir a túa papeleta nas urnas colocadas nos establecementos e entrarás nun sorteo dun vale de compra de 100 euros para gastar nos comercios asociado á ZonaTeis e dunha fin de semana nun balneario.
Esta é a lista de petiscos e os seus locais correspondentes:
- Paupeta de pollo con patacas alioli – Tapería La Paulina (Avda. Ángel de Lema y Marina nº12)
- Bacallau rebozado en tempura – Tapería Sanjurjo (Avda. Sanjurjo Badía nº163)
- Hai que roelo – Cervecería D’Tres (Avda. Sanjurjo Badía nº130)
- Sorpresa – Café/Bar D’Antonio (Avda. Sanjurjo Badía nº191)
- No te va a gustar – Cafetería Bellmar (Avda. Sanjurjo Badía nº204)
- Patacón Pisao – Tapería La Ermita (Avda. Ángel de Lema y Marina nº5)
- Tosta bacon ao roquefort – Bar A Dorna (Avda. Sanjurjo Badía nº89)
- Gambareto fra diablo – Bar O Repunantiño (R/ Purificación Saavedra nº110)
- Chipipapa – Cafetería Zoraya 2 (R/Enrique Lorenzo nº11)
Máis
Hora
11 (Venres) 12:00 - 26 (Sábado) 22:00
Localización
Mercado de Teis
Mercado, 36207 Vigo, Pontevedra