outubro, 2019

27out11:00VII CARREIRA SOLIDARIA POLA ESCLEROSE MÚLTIPLEACTIVIDADES DEPORTIVAS | Desde 8,00€11:00 Praza Suárez Llanos, Bouzas

Máis

Detalles do evento

As inscricións para a VII Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple están xa abertas. O evento deportivo organizado pola Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) terá lugar o próximo 27 de outubro ás 11:00 horas na Alameda Suárez Llanos (Bouzas). O rexistro dos participantes pode realizarse ata o próximo 23 de outubro na sede da entidade (Rúa Camilo Veiga, 44) e de forma dixital a través do portal do portal de Laptime, empresa encargada do control técnico da carreira.

Tras a gran acollida do pasado ano, a Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple chega á súa sétima edición. Nesta ocasión, a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple busca a participación de 2.000 persoas repetindo a fórmula de 2018: dúas carreiras de 5 e 10 quilómetros e unha “ andaina” de cinco quilómetros.

A saída e a meta da VII Carreira Solidaria pola Escleroses Múltiple estarán situadas na Alameda Suárez Llanos e percorrerá as rúas Pescadores, Eduardo Cabello, Av. Beiramar, Jacinto Benavente, Coruña e Tomás A. Alonso; sumando unha distancia total de cinco quilómetros. A carreira, de carácter competitivo e cronometrada, contará con dúas modalidades opcionais: 5 K (unha volta ao percorrido) e 10 K (dúas voltas ao percorrido). Ademais, o evento tamén ofrecerá unha “andaina” sen límite de idade na que poderán participar menores acompañados dun adulto e todas aquelas persoas interesadas que non poidan ou non queiran participar na carreira e opten por facer o percorrido andando. Tamén se habilitou un ‘Dorsal 0’ para todas as persoas que,sen participar na carreira, queiran colaborar coa causa.

Hora

(Domingo) 11:00

Lugar

Praza Suárez Llanos, Bouzas

Alameda Suárez Llanos 36208 Vigo Pontevedra

X