VIALIA
GIRANDO POR SALAS

VIGRO AVIERTO 23ª EDICIÓN

20mar21:00VIGRO AVIERTO 23ª EDICIÓNESPECTÁCULOS | Desde 5,00 €21:00(GMT+01:00) Sala Supersonic

Detalles do eventos

Vigro Avierto é un show aberto de stand up comedy onde 8-10 participantes terán 10 minutos para probar os seus monólogos cómicos. Cada un no seu estilo, coa súa proposta. Aquí vai haber broma, notifícocho. Apunta tamén unha prata para Italia. Aquí vas a patinar en Santa Mónica, bebé. O VIGRO AVIERTO é unha habitación do pánico xigante (para 100 persoas e máis) un espazo seguro onde hai xente falando dos perigos do mundo exterior. É como un campo de probas, un laboratorio de coña, pero non un laboratorio tipo a Clínica Insparya, non non, isto é máis un laboratorio abandonado cheo de vexetación, onde houbo algún tipo de incidente biolóxico e agora traballan catro monos que antes tiñan alí encerrados nunhas gaiolas. Os catro monos de sempre e xente probando chistes, pena desesperada xogándosa sobre o escenario, todo para pasar un bo intre, para desconectar durante un par de horas, para tomarte unhas birras, relaxarte inmediatamente, todo por e para ti, que che encanta a comedia e mirar nos accidentes.

Compra as túas entradas AQUÍ.

Máis

Hora

20 marzo, 2025 21:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Supersonic

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events